03/05/2011

Phil e o seu Acordeon visitan Galiza



Programa de televisión emitido en 2011 por BBC Scotland, a cadea de televisión pública escocesa, onde o famoso músico Phil Cunningham viaxa polos países celtas explorando a conexión entre idiosincrasia cultural e música celta.

No programa "The World Accordion to Phil", o célebre acordeonista escocés visita paises celtas, nunha viaxe onde dá conta da influencia da música celta no rexurdimento cultural destes paises e, asemade, do papel do acordeón neste estilo de música.Conforme vai parando en cada país celta, Cunningham explora diferentes aspectos da relación entre música celta e a promoción da cultura autóctona, sempre desde a súa perspectiva como acordeonista. E por suposto non podia esquecer Galiza.

Ollo a descrición inicial que Phil da de Galiza



Visto en: Carnoedo

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.