20/04/2009

Un novo portal web integra os fondos bibliográficos das tres universidades galegas

La Opinión de A Coruña
20/4/2009

Un novo servizo de busca simultánea e recuperación da información permitirá á comunidade educativa galega consultar os fondos bibliotecarios das tres universidades a través dun único portal web.

Esta nova aplicación, denominada "Pórtico", proporcionará información sobre revistas, libros, bases de datos, teses, patentes, enciclopedias e outros recursos bibliográficos almacenados no Sistema Universitario Galego (SUG) e no Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia).

Dende o novo portal poderase acceder, ademáis, aos paquetes editoriais on-line contratados por Bugalicia, entre os que se inclúen, 20.500 revistas electrónicas, 4.000 e-books e 10.500 actas de congresos, especifica o comunicado.

Asimesmo, Pórtico proporcionará servizos adicionais como o acceso a textos completos, a comprobación da dispoñibilidade da versión impresa dos mesmos na biblioteca ou a consulta do factor de impacto internacional dunha publicación.

Este proxecto pretende facilitar un acceso "de conxunto" á información de xeito que "os usuarios gañan tempo nas operacións de aprovisionamento da información e doutros servizos", explica o comunicado de Bugalicia.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.