tag:blogger.com,1999:blog-3104227691269397795.post6044617334792959912..comments2023-05-20T11:41:06.512+02:00Comments on A HORA DOS MOUROS: A A.VV. Elviña-Castro estrea un blogue sobre o conflicto coa UniversidadeUnknownnoreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-3104227691269397795.post-38942448684539312742009-05-08T20:22:00.000+02:002009-05-08T20:22:00.000+02:00O "Progreso" vs "Patrimonio" pensando "no ben da x...O "Progreso" vs "Patrimonio" pensando "no ben da xente" pero sen a xente, ou máis ben "contra a xente". Hai tempo que falabo co Luis, estudante desta universidade como eu, arqueologo e elviñes, dos que agora se lles quere quitar a casa na que esta a viver e "as raices" por en, e falabamos de eso que se chama patrimonio e de que cando se penas nun castro se pensa nun castro, cando se pensa nunha villa se pensa nunha villa e nuns cen metros arredor, como moito, que xa sabemos que logo sempre se pode regatear metros aquí metros ala, e total "se so che e patrimonio" para que che quereran tanto terreo catro pedras, que eso e o que son -non vai ser outra cousa-.

E dicir, en resume cando se pensa no patrimonio se pensa en singular, se pensa en illas de patrimonio, como a vella imaxe da casa colonial entre rañaceos que tanto nos dana a vista cando a vemos en NovaYorke ou no Singapur pero non, ou o menos non nin se nos pasa pola testa, cando pensamos nunha castro arrodeado, case como un animal acurralado se me fai a imaxe, entre edificios urbanos.

E dicir cando pensamos no patrimonio pensamos en pedra e nunca no entorno desas pedras, e o entorno de Elviña e o dunha aldea rural, a única que lles queda posiblemente ainda, como vila de Asterix en La-Coruña postvazquista, esa do ladrillo e dos parques temáticos -perdon museos-. Esa aldea rural ten un contexto, unhas formas de vida, uns usos, tradicións, un acervo oral, que o Luis ainda recollía en lendas fai alguns anos da sua familia e veciños cando os dous nos adicabamos ou nos podíamos adicar máis a esas cousas da etnografía. Normalmente cando falamos de todo isto, en abstracto e so en abstracto se nos enche a boca cunha palabra que se chama "Patrimonio Inmaterial" algo do que sempre todo estan de acordo, e perentoria e urxentemente en defender e protexer, xunto a ese patrimonio inmaterial tamen che soe haber unha cultura material, horreos por exemplo, casas de aldea, algunhas delas protexidas ou que son politicamentecorrectad de protexer como soe se o horreo, e que se protexeran chegado o caso, independentemente de que chegado o caso elo nos dea unha imaxe ceremonial e folcloristica do horreo conservado en rotonda axardinada adxunta entre edificios de deseño, convintemente repintado en tóns verde-xunta (esa cor que lle poñe ela a todo o que restaura) non menos grotesca que o da modesta casa decimononica no medio de Central Park. E, nembargantes, non é menos certo que esa solución é a aplicable nos parametros oficiais, e aplicando a lexislación que fai patrimonial unha cousa pero non fai o resto das cousas que lles dan sentido e lle derón funcionalidade e orixe, como a casa de aldea no caso do horreo, e que obviamente sera derrubada, aplicando a lexislación e a lóxia, e o "progreso", ou menos cando no pasemos dunha visión do patrimonio como illas, ou autoreservas indias, que hai que protexer ainda ao custo do seu entorno, e non chegemos a un concepto do patrimonio como "entorno en si mesmo"

Daquela deberíamos entender que a destrucción do "entorno" da Aldea de Elviña conleva un proceso degradación dese entorno patrimonial, do castro e polo tanto supon unha degradación do propio recinto do castro como obxeto patrimonial e real.

Por en,unha universidade na que existe a carreira de Arquitectura debería ser cando menos algo máis sensible a estas formas de "feismo", que o son, porque que é o "feismo" do que tanto nos queixamos senon unha convinación inarmónica entre o novo e o vello, e acaso non é menos inarmónico ver unha palloza cun tellado de folla de lata e uralita e cementada, que ver un castro rodeado de edificios highteck e un horreo de rotonda axardinado e aillado de todo referente, esquecida a casa e o alboio adxunto, sabedeus, ou o progreso, porque lóxica viciosa do estético e do prioritario.

Creo que se pensaramos o patrimonio como contexto e como territorio, como circunstancias, non nos sería menos dificil e críptico, ainda pode que nos resultase obvio -e todo- entender o "patrimonio con persoas", e entender que esa persoas que viven ao redor dun xacemento forman parte en certa forma -e todo- dese entorno, que a traves de xeracións e séculos ainda, teñen e comparten vivencias culturais sobre ese mesmo patrimonio obxetual, lendas e folclore sobre eses items arqueolóxicos e que temos que entender, dunha vez por todas, que tamén forman parte, de feito son parte, do propio valor patrimonial do obxecto arqueolóxico.

Pero claro pensamos que o patrimonio e unha época máis que un lugar, ou ao sumo que o é so dunha época, e que o do Ferro é so do Ferro, e o do Megalismo é so do megalitismo, e pan e pan é so pan ainda que se lle poña manteiga, nunca unha torrada, non pensamos pola contra, ou simplemente non nos molestamos en pensar en que ese patrimonio inmobiliario tivo importancia para a xente que estivo antes que nos, e que foi percivido (antes que nós), entendido e interpretado noutra épocas e noutros contextos distintos cos nosos, que as mamosa se utilizaron de marcos na idade media, e moderna e ata practicamente a actualidade, que existía un "outro mundo" paralelos que se vinculaba aos castros, e ainda debaixo deles e que esas crenzas manteñense a traves da tradición popular ate os nosos días.

Pero non pensamos que o Ferro e Ferro, e o Bronce Bronce, sen pensar sequera que os desas épocas non se sentiron a si mesmo tan metálico como nos lles queremos facer agora. En resume sustituimos polo noso concepto do que algo os distintos conceptos históricos do que ese algo era, confundimos o mapa co territorio e os numeros coas cantidades, e ainda pensamos que entre o ovo e galiña nunca oubo relación máis que meramente circunstancial, e é que o pasado eche un lugar estraño, e so nos debemos de ter pensado nelo ... ou dito doutra maneira sustituimos parte da "historia" das cousas e lugares por unha historia sen lugar a nosa, feita sobre os mapas e non sobre as cousas que eses mapas representan, e sen entender que existen outros mapas que ao mellor non che estan tan escritos pero tamén podemos ler, por moi anacrónico, presentista, uniformizador, que a fin de contas resulte todo isto. A fin de contas nos é o progreso temos razón, e a xente non, un discurso moi típioc e donde non teñen, nunca tivo case nunca e segue sen ter, cabida o relato popular, no que paradoxicamente e a traves do cal que se descrebeu ese obxeto en realidade da maior parte da sua vida util, e dicer ao longo da historia, e conta bastante pouco por contra do que soe dicer a cultura popular, e a xente a fin de contas, a pesar do moito que nos gustaría pensar -e organizar congresos e publicar libro e artigo- pesando que non é así, que nunca o foi, e que non o sera. Por moito que non che sexa certo

Toda a miña solidaridade para Elviña: o Castro a Aldea e as xentes.archeoten.http://www.blogoteca.com/archetenrreiro/noreply@blogger.com